Todolos artigos de: Secretaría
Matrícula 2020-21
Do 1 ao 10 de xullo de 2020 terá lugar o proceso de matrícula para o vindeiro curso 2020-21 no IES. Por mor da COVID-19, e coa finalidade de evitar colas e aglomeracións, propoñemos a familias e alumnado unha matrícula por quendas -por orde alfabética, que indicamos nas ligazóns pertinentes:
Xuntamos os documentos de matrícula para cada etapa educativa:
Licitación da contratación de servizos en cafeterías escolares
Publicouse o anuncio de licitación da contratación da concesión dos servizos de cafeterías en 108 centros escolares da provincia de A Coruña.
Este anuncio está publicado no perfil do contratante da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (https://www.
- As proposicións presentaranse a través da plataforma de licitación electrónica da Xunta de Galicia (SILEX) aloxada na dirección:https://www.
conselleriadefacenda.es/silex - Información complementaria.
Axudas para material escolar e libros de texto para o curso 2020-21
Con data 19 de maio do 2020 publicouse no DOGA a Orde que regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar no curso 2020/2021.
A data límite para entregar a solicitude é o 19 de xuño do 2020.
Recordade que si se cumpren as condicións económicas establecidas nesta normativa, a solicitude debe ser presentada INDEPENDENTEMENTE de que o alumno aprobe todas as materias ou non.
Asemade, é condición indispensable para acceder a estas axudas ter devolto os libros do fondo solidario prestados ao alumn@ durante o actual curso 2020-21.
Bolsas do Ministerio de Educación para o curso 2019-2020
(O prazo para a convocatoria do curso 2020-2021 publicarase a finais do mes de xuño)
Para o curso 2019-2020 o Ministerio de Educación convocou bolsas de axudas para alumnos con necesidade específica de apoio educativo para os niveis de ESO e de Bacharelato entre outros.
Estas axudas teñen 3 modalidades:
- Axudas directas para alumnos que necesiten atención específica derivada de discapacidade ou trastornos graves da conduta.
- Subsidios por necesidades educativas derivadas de discapacidade ou trastorno grave de conduta para familias numerosas.
- Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio asociado ás altas capacidades.
O prazo de presentación de solicitudes finalizará no mes de setembro.
Podes consultar a información correspondente á convocatoria do curso 2019-2020.
Campus de Afondamento Científico, ano 2020
Campus de Afondamento Científico para alumnos de 4º de ESO
Este ano non se publicou convocatoria para este campus.
Reapertura do prazo de admisión do alumnado
A partir do luns 11 de maio reábrese o prazo de admisión de alumnado para o curso académico 2020-2021. Pódese consutar a circular informativa na ligazón PDF ou ben facendo click na imaxe superior.
Instruccións para solicitar axuda para a adquisición de material escolar
Poderá solicitala o alumnado de ESO.
A renda familiar será inferior a 5400 € (correspondente ao ano 2013).
Prazo de solicitude: 02/09/2015 á 01/10/2015.
Contía da axuda: 50 € por alumno/a.
A solicitude e a documentación entregaranse na secretaría do centro.
A documentación (orixinal e fotocopia):
- Copia do DNI ou NIE dos membros computables da unidade familiar, cando non autoricen a consulta telemática.
- Copia do libro de familia onde figuren todos os membros computables da unidade familiar.
Axuda para adquisición de material escolar
Àbrese o prazo para solicitar axuda para material escolar desde o día 2/9/2015 ata o 1/10/2015.