O pasado mércores o concello de Oleiros organizou un ano máis a “Feira de Orientación académica e profesional” (que xa vai pola 5ª edición) no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz con 34 mesas informativas. O alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato puido resolver as súas dúbidas e aproveitar para recoller folletos dos seus intereses, e pola tarde as familias tiveron ocasión de visitar a feira nas xornadas de portas abertas.