O IES Neira VIlas foi un dos centros educativos seleccionados por parte da Conselleria de Educación para participar no programa educativo “TALENTOS MIOZOS”. Un dos obxectivos do programa é visibilizar a creatividade e a innovación impulsada por xente moza con experiencia en diferentes ámbitos profesionais como a empresa, o deporte, a cultura e a creación, a ciencia ou o voluntariado.
Uxía Varela e Jacobo Lazcano foros os mozos que deron a coñecer as súas traxectorias académicas e profesionais para estimular e incentivar a análise e reflexión do noso alumnado. A charla-coloquio tivo lugar, o 5 de maio e asistiu o alumnado de 3º ESO.
O pasado luns, día 13 de marzo, Alexia Boquete, Inés Salcines e Daniel Turiño estiveron co alumnado de 4º de ESO para amosarlles os camiños que transitaron ó longo da súa vida académica e profesional.
Todos eles, son colaboradores do proxecto Libolis que consiste en Charlas-Obradoiro para poñer en valor o esforzo e a traxectoria a seguir, ata chegar a acadar unha meta profesional. Este proxecto desenvólvese grazas a colaboración do concello de Oleiros.
O pasado luns 17 de febreiro o alumnado de 4º de ESO asistiu a unha caharla impartida por Ana Álvarez e Germán Vázquez na que se lles informou sobre distintos aspectos da FP Dual.
O Xoves 2 de Febreiro, o alumnado de 2º de Bacharelato do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas visitou varias facultades na Universidade de Santiago de Compostela, entre elas Ciencias da Educación e Traballo Social, Mediciña e Enfermaría, Ciencias Económicas e Empresariais, Matemáticas, Física, Psicoloxía…
O pasado 3 de maio os exalumnos Pablo Forján, Miguel Pérez e Mateo García compartiron co alumnado de 1º de bacharelato as súas experiencias e vivencias como universitarios.
A través dunha presentación faláronlles de numerosos aspectos moi importantes como: a transición do Instituto á Universidade, a importancia das rutinas e os hábitos na univesidade, as ventaxas e inconvintes de estudar preto de casa ou noutra cidade distinta…
Sonia Pazos e Asunción Fieira (da Asociación de Executivas de Galicia) foron as dúas mulleres referentes que impartiron unha charla ao alumnado de 2º de Bacharelato dentro do programa educativo “Edureferentes” ofertado pola Consellería de Educación.
A igualdade de oportunidades entre homes e mulleres, é tamén un dos cometidos da orientación vocacional. Achegar referentes femininos que exercen a súa actividade profesional en distintos ámbitos, axuda a construir unha sociedade máis xusta, igualitaria e libre de estereotipo de xéneros.
O Ministerio de Educación e Formación Profesional adianta este curso a convocatoria xeral de becas. O prazo abre o próximo 30 de Marzo e pecha o 12 de abril.
Máis información no blog de orientación do instituto.
Este curso, a Universidade de Santiago de Compostela retomou os encontros na USC presenciais, despois de dous anos sen poder celebralos a causa da pandemia.
O pasado día 4 de Marzo o alumnado de 2º de bacharelato participou neste programa. Cada alumna/o escolleu previamente un percorrido de preferencia que abranguía dúas facultades ou centros universitarios.
O pasado 15 de Decembro visitou o instituto a Educadora Social Laura Barejano Domínguez. No encontro co alumnado de 4º de ESO e 1º de Bacharelato fixo unha exposición sobre a súa experiencia laboral no Concello de Oleiros no que traballa actualmente. Asemade, dirixiu unha serie de actividades grupais nas que o alumnado participou activamente e amosou unha vez máis a súa sensibilidade respecto a temas como: a violencia de xénero, a inmigración, o bulling, etcétera.
O programa A ponte da USC ten entre os seus cometidos, tender pontes entre a universidade e os centros de ensino medio para facilitar información e orientación ós futuros estudantes universitarios.
O 1 de decembro, Celso Rodríguez, profesor da USC na facultade de Matemáticas, foi quen fixo a presentación da Universidade de Santiago e as probas ABAU e ó acceso á universidade ó alumnado de 2º de Bacharelato.