O alumnado de 4º ESO, baixo a supervisión dos profesores Isa Moar e Jorge Calle, practicaron surf (“deporte náutico que consiste en manterse en equilibrio sobre unha táboa especial, desprazándose pola zona na que as ondas empezan a romper.” -dicionario da RAG dixit) na praia de Bastiagueiro, no arranque deste curso académico [unha actividade financiada polo concello de Oleiros]. Velaquí algunhas estampas que nos deixou a actividade.
Todolos artigos de: direccion
Proxectos de Biblioteca
A Biblioteca do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas adianta actividades para o curso 2019-20. Por unha banda, difúndese o calendario dos 20 minutos de lectura diarios -o programa “Hora de ler”; pola outra, invítase a todos os membros da comunidade educativa a elexir o logo do proxecto de Biblioteca deste curso académico, que terá como tema-guía a #Distopía (pódese votar AQUÍ antes do 20 de outubro).
PRAEMO
Entregas de libros no centro educativo
Mediación na Capelada
PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE
O alumnado de 4º de ESO e 1º de bacaherelato, que participou durante o curso pasado no contrato-programa de cine, presentará a sua produción o vindeiro luns 23 de setembro no Auditorio da Fábrica de Oleiros (espazo cedido para este fin polo Concello de Oleiros) . Seguir lendo PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE
Entrega de notas
Libros de texto para o curso 2019-2020
ESO
Bacharelato
FIN DE CURSO
Desexamos a toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas unhas felices vacacións. Seguir lendo FIN DE CURSO
Os alumnos de 2º de bacharelato plantan unha árbore
O alumnado de 2º de bacharelato, dentro dos actos previstos de despedida do instituto, o mércores 24 de maio plantaron un magnolio no patio do centro. Continúan así unha tradición deste centro educativo. Cada promoción deixa unha árbore escollida por eles como lembranza do seu paso polas aulas do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.




