Entre os meses de decembro de 2019 e xaneiro de 2020, na Casa da Cultura de Perillo, realizouse o curso de mediación para alumnado de 1º ESO. Comezaron o mesmo 21 alumn@s, e rematárono 11 -obtendo o diploma que lles faculta para exercer como mediadoras/es no noso IES.
As 6 sesións do mesmo foron impartidas por unha psicóloga de ADAFAD, asociación que colabora co noso equipo de mediación xa non por primeira vez.
O alumnado do equipo de mediación comezou a andaina do curso académico 2019-20 realizando unha ruta de sendeirismo pola serra da Capelada o venres 20 de setembro, e fortalecendo lazos nas terras septentrionais da nosa provincia.
O venres día 1 de decembro tivo lugar a homenaxe a Neira Vilas. Todo o profesorado e alumnado reuniuse para escoitar as palabras do director do centro, de Pepe Carballude e do presidente da Fundación Neira Vilas, Luis Reimóndez. José Vázquez e Sarai Muiños, estudantes de 1º de Bacharelato, leron un poema do autor dedicado a Anisia Miranda e, para finalizar, Jesús Fernández, profesor do Departamento de Música, Laura Fernández, a Xefa de Estudos, e parte do alumnado interpretaron o poema “Ai, amor!”. Seguir lendo Homenaxe á Neira Vilas e Anisia Miranda →
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)