Arquivos da etiqueta: Lourdes Otero

Xornadas de acollida virtuais

Este coronabicho que nos ten confinados, sen poder ir ó Instituto para poder recibir ó alumnado de 6º do CEIP Valle-Inclán, fai agudizar o inxenio.
Olla esta presentación interactiva. Se tes mente investigadora, condición fundamental para ser un máis no Instituto, non che será complicado resolver uns  retos que terás que ir resolvendo.
Os investigadores son curiosos por natureza. Antes, rastrean todas as pistas para dar solución ós desafíos.
Se sigues as INSTRUCCIÓNS ó pé da letra, descifrarás o código secreto que abre a porta do Instituto, donde atoparás algo INCRIBLE.

Nanociencia e nanotecnoloxía

Hoxe estivo connosco Moisés Canle, da UDC, que presentou unha nova titulación -Nanociencia e nanotecnoloxía, que iniciará o seu andar no vindeiro curso académico, ao alumnado de bacharelato de Ciencias. Esta titulación só se pode cursar de momento na UAB, e prevese unha cantidade de prazas limitadas a 50.

O profesor Canle presentou algunhas das aplicacións que pode ter a nova titulación, no eido da cosmética, as máquinas moleculares,… A nanociencia consiste na manipulación de partículas de tamaño ínfimo, co obxecto de cambiar as súas propiedades.

Curso de mediación

Entre os meses de decembro de 2019 e xaneiro de 2020, na Casa da Cultura de Perillo, realizouse o curso de mediación para alumnado de 1º ESO. Comezaron o mesmo 21 alumn@s, e rematárono 11 -obtendo o diploma que lles faculta para exercer como mediadoras/es no noso IES.

As 6 sesións do mesmo foron impartidas por unha psicóloga de ADAFAD, asociación que colabora co noso equipo de mediación xa non por primeira vez.

 

Andaina

Nun día de outono orballento, o 12 de novembro, e seguindo a iniciativa de @ConcelloOleiros, o noso centro educativo sumouse ao reto de camiñar contra a obesidade, no que participaron profesorado e alumnado de 3º e 4º ESO.

Velaquí algunha imaxes da andaina.