No mes de Novembro os alumnos de 1º de ESO fixeron unha saída didáctica á Ría do Burgo e praia de Santa Cristina. Despois dunha explicación impartida polos monitores do Concello de Oleiros os alumnos baixaron á praia onde desenvolveron unha serie de actividades de interpretación ambiental, xogos de orientación e observación da flora e fauna da zona.
Arquivo da categoría: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía
Visita ao laboratorio aberto da Domus
Obradoiro sobre Biotecnoloxía na Domus
Actividade sobre o Parkinson na Domus
Os alumnos de 3º ESO visitan a Domus
O 2 de Febreiro os alumnos de 3º de ESO visitaron co departamento de Bioloxía a Domus, onde ademáis de interatuar coas diferentes actividades, tiveron oportunidade de asistir á explicación do funcionamento do corazón e posterior disección do mesmo, que eles mesmos puideron manipular para comprobar a súa anatomía.
Visita á Casa das Ciencias e Planetario
O 6 de Febreiro os alumnos de 1º de ESO visitaron co departamento de Bioloxía a Casa das Ciencias e o Planetario da Coruña, onde tiveron ocasión de interactuar coas diferentes actividades nela propostas e asistir a unha recreación, no Planetario, das últimas imaxes dispoñibles do noso Sistema Solar.
Ruta ao Monte Xalo
Os alumnos de 1º de ESO, o 27 de Marzo (1º A) e o 3 de Abril (1ª B), realizaron unha visita didáctica polo Monte Xalo organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Ademais de coñecer de comparar as especies vexetais do bosque autóctono e o das plantacións e gozar da paisaxe, comprobaron “in situ” as formacións xeolóxicas graníticas típicas da zona; coñeceron lendas e pasearon a carón do Rego das Xesteiras, á sombra do que queda do bosque de ribeira, antigos muíños de auga restaurados, para acabar na Torre de Celas, único vestixio dun antigo Castelo que os Andrade tiñan no camiño da Coruña a Santiago. Aprenderon tamén a respectar e coidar a nosa paisaxe e o noso patrimonio dun xeito ameno.
Ciencia Na Rúa 2017

O día 6 de maio, organizado polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, o noso centro participou na XXII edición de Ciencia Na Rúa.
Ao longo do día 46 alumnas e alumnos presentaron, con gran entusiasmo e interese, ao público experiencias sobre magnetismo e química.
Agradecemos especialmente a colaboración de Jesús Mosqueira Rey, profesor do departamento de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, polo asesoramento e achega do material para a experiencia de levitación magnética.
A actividade foi organizada polos profesores:
- María José Fandiño Río
- Laura Fernández Villarino
- Blanca Rodríguez Latorre
- Xosé Rodríguez Rodríguez
- Ramón Romero Pardo, (profesor emérito)
- Antonio Varela Caamaño, (profesor emérito)
Actividades sobre magnetismo:
- Imáns polos e forzas magnéticas.
- Materias ferromagnéticos e non ferromagnéticos.
- O compás: determinación dos polos dun imán.
- Construción de imáns.
- Experiencia de Oersted.
- Forza de Lorentz.
- Construción de electroimáns.
- Experiencias de indución.
- Motor homopolar.
- Tren de bobina.
- Levitación magnética con supercondutor.
Actividades de química:
- Reaccións redox con permanganato: transformacións de viño en auga.
- Ácidos e bases: A col lombarda como indicador de pH.
- Diferencias de densidade: Lámpada de lava e as lentellas máxicas.
Visita ao MUNCYT
Os alumnos de 4º de ESO de Cultura Científica, e Física e Química, de 1º de BAC de Cultura Científica e 2º de BAC de Bioloxía visitaron o pasado martes 13 de Decembro o Muncyt da Coruña onde, ademáis de coñecer as diversas exposicións do museo, participaron nun obradoiro, tipo concurso, sobre os erros científicos dalgunhas películas moi coñecidas.