Este ano a AELG decidiu escoller a Nacho Taibo, profesor que formou parte do claustro do IES Neira Vilas durante moitos anos, como “Escritor na súa terra – Letra E”, na súa vixésimo cuarta edición. O centro unirase ás homenaxes ao compañeiro coa organización dunhas xornadas dedicadas ao seu labor docente e creativo que terán lugar o xoves 24 e venres 25 de maio de acordo co seguinte programa: Seguir lendo Homenaxe a Nacho Taibo
Arquivos da etiqueta: AELG
Homenaxe á Nacho Taibo
A Asociación de Escritores en Lingua Galega escolleu a Nacho Taibo para que sexa o próximo Escritor na súa terra -Letra E. Para alén da homenaxe que a AELG lle rendirá en Oleiros no mes de xuño, o IES Neira Vilas organizará unhas xornadas na honra do compañeiro que exerceu como profesor de Lingua e Literatura Galega no centro durante máis de vinte anos. O 24 de maio dedicarase ao seu labor como creador de ficción a través dunha mesa literaria encabezada por Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, na que estará tamén o narrador Martínez Oca. A continuación o xornalista e narrador Xián Alcayde Dans entrevistarao en directo en presenza de parte do alumnado. O día 25 centrarase na súa faceta docente. Nesta última xornada haberá unha mesa na que Nacho Taibo estará acompañado por varios compañeiros seus e, deseguido, terá lugar un encontro co alumnado que leu a súa novela As boas familias.