O alumnado de 3º ESO participou na actividade de remo e kaiak impartida polo Clube de Remo Perillo, en diferentes quendas: mércores 3 3º ESO B e o venres 5 unha parte do alumnado de 3º ESO A.
Os monitores, entre os que figuraban exalumnos do centro, contribuíron moi positivamente a que os participantes desfrutasen dos deportes náuticos.
A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros. Seguir lendo Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO