Arquivos da etiqueta: Remo

Iniciación ao remo e kaiak 3° ESO

O alumnado de 3º ESO  participou  na actividade de remo e kaiak impartida polo Clube de Remo Perillo, en diferentes quendas: mércores 3 3º ESO B e o venres 5 unha parte do alumnado de 3º ESO A.

Os monitores, entre os que figuraban exalumnos do centro, contribuiron moi positivamente a que os participantes desfrutasen dos deportes náuticos.
A actividade foi subvencionada na súa totalidade polo Concello de Oleiros.

Imaxes da actividade de 3º ESO B o 3 de outubro.

Imaxes da actividade de 3º ESO A o 5 de outubro.