O mes de novembro é ben significativo para Xosé Neira Vilas. Por este motivo, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración con diferentes departamentos, organizáronse actividades na honra do escritor que dá nome ao noso centro.
Panel de homenaxe que recolle textos escritos polos membros da nosa comunidade educativa adicados á súa memoria.
Convocatoria dun concurso-exposición de retratos en colaboración co Departamento de Plástica e Educación Audiovisual, baixo o nome “O teu Balbino do século XXI”.
Así mesmo, o venres 25 todos os compoñentes do centro xuntáronse nun acto homenaxe onde participaron tamén Xosé Martínez Romero, psicólogo clínico e amigo persoal de Neira Vilas en Bos Aires, e o escritor e profesor ata o curso pasado no IESP, Xosé Carballude.
A continuación, Xosé Martínez Romero e Xosé Carballude tiveron unha charla co alumnado onde partillaron as súas vivencias xunto a Neira Vilas e onde se presentou unha entrevista que Xosé Carballude lle realizou ao escritor hai uns anos.
O mes de novembro é ben significativo para Xosé Neira Vilas. Por este motivo, desde o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, en colaboración con diferentes departamentos, organizaranse actividades na honra do escritor que dá nome ao noso centro. Ademais dun panel homenaxe onde cada membro da comunidade educativa poderá deixar unhas palabras na súa memoria, convócase un concurso-exposición de retratos en colaboración co Departamento de Plástica e Educación Audiovisual, baixo o nome “O teu Balbino do século XXI”. Así mesmo, o venres 25 todos os compoñentes do centro xuntaranse nun acto homenaxe onde participarán tamén Xosé Martínez Romero, psicólogo clínico e amigo persoal de Neira Vilas en Bos Aires, e o escritor e profesor ata o curso pasado no IESP, Xosé Carballude. A continuación, Xosé Martínez Romero e Xosé Carballude terán unha charla co alumnado onde partillarán as súas vivencias xunto a Neira Vilas e onde se presentará unha entrevista que Xosé Carballude lle realizou ao escritor hai uns anos.
No salón de actos do instituto, o luns 18 de abril pola tarde, os alumnos de 1º da ESO fixéronlle unha entrevista ao profesor Xosé Carballude autor, entre outros, do libro Miña avoa ten 13 anos, libro lido anteriormente nas clases.
En primeiro lugar a representante de 1º C presentou o escritor e a continuación, ela e outros dous compañeiros, representantes de 1º A e 1º B, fixéronlle as preguntas preparadas nas clases.
Por último, despois de dar resposta a cada unha delas, convidou ao público a seguir preguntando. O acto rematou co agradecemento do profesor e o aplauso do alumnado.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)