10 anos de Intercambios Escolares co Collège Notre Dame Le Menimur

40 alumnos e alumnas do centro están participando no intercambio co Collège Notre Dame Le Menimur entre os días 13 e 24 de marzo. No curso 2008-09 fixemos o primeiro intercambio e desde entón tivemos un total de 400 participantes.
Os Intercambios Escolares e o programa de dobre titulación en Bacharelato-Baccalauréat (único en Galicia) fixeron do noso centro unha referencia como Instituto Plurilingüe en francés.
O intercambio asegura unha inmersión lingüística xa que o alumnado ten que usar sempre o idioma francés, en diferentes entornos e grupos sociais. Ademáis de mellorar as súas habilidades comunicativas aumentan a motivación para seguir mellorando o seu nivel.
Os intercambios serven para coñecer a Bretaña desde o punto de vista turístico (Aliñamentos megalíticos de Carnac, Quimper, Mont Saint Michel, Saint Malo…), gastronómico e cultural.
Esta actividade repercutiu de xeito directo e positivo nos máis de 200 alumnos que obtiveron algún dos títulos DELF, exames do Ministerio de Educación Francés que certifican o coñecemento do idioma. Somos un dos centros que presenta máis alumnado a esta proba, obtendo un 100% de aprobados.
Algúns dos nosos antigos alumnos escolleron Francia e a rexión de Bretaña para a súa participación no programa Erasmus xa que alí teñen amigos e súa “familia francesa”
O departamento de Francés, responsable directo da actividade, quere agradecer:
Ao AMPA do noso centro ao seu apoio e colaboración con axudas económicas.
Ao Concello de Oleiros pola cesión de locais para celebrar a tradicional Cea da Amizade na que participan os alumnos franceses e os nosos alumnos e as súas familias.
Aos profesores acompañantes Isabel Mariño, Juan Santamaría e Xosé Antón García.
A profesora francesa Mme Catherine Le Blay que pon todo o seu empeño en acadar a maior participación posible do alumnado.

Enlace ao diario LA OPINIÓN

Deixar unha resposta