Loitando por romper o teito de cristal

O día 8 de marzo estivo con nós Ariadna Fernández Palomo para falarnos sobre a “Muller e a Ciencia”. A súa formación ten que ver tanto co mundo das ciencias como das letras. Estudou farmacia e periodismo e actualmente investiga fórmulas cosméticas con principios activos galegos.
Empezou a súa exposición facendo entrega a cada alumno dun agasaio coa idea de preguntar ao final da sesión, cantos troques fixeran entre eles e así comprobar os estereotipos sexistas e prexuizos que temos.
A continuación preguntou ao noso alumnado se alguén coñecía a María Josefa Wonerbunger para destacar como unha brillante matemática nada en Montrove ( Oleiros ), non era coñecida por ninguén.
Explicou como a GRANDES MULLERES CIENTÍFICAS, se lles usurpou a autoría dos seus descubrimentos, por mentores e parellas para evitar conflictos nunha sociedade, donde ata fai pouco estaba mal visto que a muller tivese educación e opinións propias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *