Dende o Departamento de Educación Física en coordinación co concello de Oleiros que as financiou na súa totalidade, realizáronse varias actividades no mes de abril, dirixidas a distintos niveis educativos. Así pois, os alumnos de 2º de ESO, o martes 17 de abril foron ó pavillón de Bastiagueiro, onde realizaron a actividade de “Iniciación á Escalada”.
Os alumnos/as de 3º e 4º de ESO, achegáronse ó ximnasio de Perillo, onde participaron nunha clase de ZUMBA e TONO respectivamente, impartidas por especialistas na materia.
O alumnado de 3º de ESO participaron con motivo do DIA INTERNACIONAL DA DANZA, nunha master-class, impartida por persoal da academia de Danza e Teatro Artestudio de A Coruña.
E para rematar, e fóra da programación do concello, os alumnos de 1º da ESO participaron no DÍA DO DEPORTE NA RÚA. A actividade foi promovida polo COLEFG (Colexio de Licenciados de Educación Física de Galicia), e organizada conxuntamente cos tres institutos de Oleiros: María Casares, Miraflores e nós. As actividades propostas foron varias, dende os xogos populares, pasando polo ultimate e rugby na praia, hockey, voleibol, baloncesto…. todo nunha xornada de convivencia e participación moi satisfactoria para todos.