Semana Neira Vilas

Durante a semana do 26 ao 30 de novembro o  noso centro homenaxea ao escritor do cal recibe o nome, coincidindo co cabodano do seu falecemento, o 27 de novembro de 2015.  Este é o terceiro ano consecutivo no que o instituto organiza estas actividades en memoria da figura literaria de Xosé Neira Vilas.

Vídeo da Semana Neira Vilas 2018. Realización e producción de Hakaneirafilms

Galería de fotos de Alberto Pombo

O pase de diapositivas require JavaScript.

A continuación descríbense as actividades organizadas para cada un dos días desta semana.

Luns 26 de novembro

Durante os primeiros recreos de toda a semana alumnado e profesorado participaron conxuntamente na creación artística colectiva Pintando a Balbino 

 

 

A profesora Mar  Cuba realiza, para o alumnado de 2º de ESO,  unha viaxe virtual ao universo literario dos emigrantes en Arxentina.

 

 

O artista Senén Olano, autor do mural en homenaxe a Neira Vilas do noso instituto, explica ao alumnado o proceso creativo implicado nesta obra.

Galería de fotos do día 26 de novembro

Martes 27 de novembro

Continúan os proxectos iniciados o luns 26, Pintando a Balbino e O Universo literario dos emigrantes en Arxentina, nesta ocasión para alumnado de 1º de ESO. Toda a comunidade educativa do instituto participa nunha pequena homenaxe a Xosé Neira Vilas, no cabodano do seu pasamento. Agradecemos a colaboración de Nacho Taibo e Inma Otero, que puxeron voz a este acto. Para clausurar o mesmo contamos coa participación de alumnado e profesorado nunha emotiva interpretación musical da poesía de Neira Vilas  Ai, Amor! 

Galería de fotos do día 27 de novembro

Mércores 28 de novembro

Durante o mércores 28, continuamos avanzando nas dúas obras pictóricas do proxecto Pintando a Balbino.

Matías Cuba, antigo profesor do noso centro  e gran coñecedor da nosa literatura, compartiu dúas sesións na biblioteca  co alumnado de 2º de ESO nas que, a través da historia do primeiro lector de Memorias dun neno labrego, fixo unha reflexión sobre a situación da emigración galega do século XX. Finalmente compartiron a lectura dalgúns fragmentos desta gran obra da literaria.

Galería de fotos do día 28 de novembro

Xoves 29 de novembro

Carlos, mestre do Valle Inclán moi benquerido polo noso alumnado compatiu reflexións e lecturas co alumnado de 2º de ESO. Seguidamente algúns destes estudantes fixeron partícipes aos de 3º e 4 de ESO daqueles fragmentos da obra de Neira Vilas que lles parecen máis representativos.

Galería de fotos do día 29 de novembro

Venres 30 de novembro

Coma acto final desta semana conmemorativa o alumnado de 3º de ESO PMAR expuxo para 3º, 4º e 1º de bacharelato a súa presentación “Son galego, son cubano” onde afondaron na persoa de Neira Vilas durante a súa longa experiencia na emigración.  Seguidamente proxectouse o vídeo elaborado polo alumnado de 4º de ESO para o mesmo público.

Galería de fotos do día 30 de novembro (Alberto Pombo)

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *