VISITA A SOTAVENTO, ENCORO DO EUME E LAGO DAS PONTES

 O alumnado de 3º de ESO visitou o pasado luns 4 de febreiro as instalacións do parque enerxético experimental de Sotavento, o encoro do Eume e o Lago de As Pontes.

A Fundación Sotavento Galicia comezou a súa andadura no 2002 e nos últimos anos converteuse nun referente na divulgación de contidos didácticos relacionados coa enerxía, apostando pola eficiencia, o aforro enerxético e o impacto medioambiental dun mal uso da enerxía.

Ao remate da visita guiada a estas instalacións, o alumnado desprazouse ao encoro do Eume, destinado á producción de enerxía hidrálica. Debido ás intensas choivas dos últimos días en Galicia,  estaba ao límite da súa capacidade.

Para rematar desprazáronse a As Pontes, co obxectivo de visitar o xigantesco lago artificial de 5 km de longo creado no ano 2012. Esta obra de enxeñeira civil representa un proxecto medioambiental de rexeneración da mina a ceo aberto, que abasteceu de á central térmica de As Pontes durante 31 anos, ata que foi pechada no ano 2002.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta