CIENCIA NA RÚA 2019

O sábado 4 de maio celebrouse no parque de Santa Margarida a XXIV edición do “Día da Ciencia na Rúa”, actividade organizada pola Asociación de Amigos da Casa das Ciencias.

Un  ano máis, o IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas estivo presente nunha das carpas da citada celebración, coa participación dun numeroso grupo de estudantes, coordinados polas profesoras María Blanco  e  María José Fandiño.

Tamén participaron neste gran día da Ciencia o alumnado que cada xoves acoden á actividade de Ciencia Divertida, coa colaboración dos apreciados profesores “eméritos” Antonio e Ramón. Queremos agradecer a todo o alumnado e profesorado participante o bo traballo realizado representando ao noso centro.

O pase de diapositivas require JavaScript.

Deixar unha resposta