O día 7 de xuño o alumnado de 3º de ESO do Neira Vilas participou no Roteiro Cultural e Literario, actividade na que se visitan diferentes lugares relacionados con personaxes representativas do Concello de Oleiros, tendo como guías a grupos de alumnos que previamente realizaron unha labor de investigación e documentación. Neste ano 2019 as personaxes escollidas foron Luis Seoane, Rosalía Mera e Felipe Criado.
Nesta actividade participan o Sistema de Bibliotecas Públicas Municipais, o Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros, o IES Neira Vilas e o IES Miraflores.
Este curso o alumnado de 3º ESO PMAR do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas, coordinado polo seu profesor-titor Alberto Pombo, encargouse de presentar a figura de Luis Seoane, expoñendo o resultado do seu traballo a estudantes do noso instituto e doutros centros.
Pódese descargar a guía do Roteiro Cultural 2019 na seguinte ligazón: ROTEIRO 2019