En conexión coa Antártida

O alumnado de 3º e 4º de ESO asistíu -na Domus de A Coruña- a unha conexión en directo coa base española de investigación na Antártida, concretamente na illa Decepción.

Na videoconferencia, o xornalista e divulgador científico en La Voz de Galicia Xavier Fonseca explicounos a súa rutina diaria na base, contestando ás preguntas dun alumnado que amosou curiosidade por saber as súas sensacións coñecendo que están nun cráter dun volcán activo que ven de entrar en alerta laranxa. Esta circunstancia é aproveitada polos xeólogos para estudiar a dinámica sísmico-volcánica en Decepción e aplicar os datos obtidos noutras zonas do planeta. De obrigada mención nesta intervención foron tamén as evidencias do cambio climático, sobre todo no comportamento dos glaciares.

A conexión durou só media hora, mais o interese do alumnado remítenos á posibilidade de que Xavier responderá ás preguntas que quedaron sen facer cando volva a Galicia, nunha visita ao noso centro.

A pesares de que as condicións climáticas son moi particulares na Antártida, o entusiasmo de Xavier transmitíunos tamén o desexo de pasar alí una tempada, nese inlandsis de paisaxe tan extraordinaria e vida singular.

Deixar unha resposta