SUBVENCIONS CONCELLO OLEIROS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

O Concello de Oleiros por decreto da Alcaldía núm. 2020005599, ditado en data 21 de decembro de 2020, acordou conceder á ANPA ARCE DO IES XOSÉ NEIRA VILAS a cantidade de 1.146’90 € para as actividades de Obradoiro de Técnicas de Estudo, Técnicas de Estudo e English Club, ao abeiro da Convocatoria para a concesión de subvencións polo Concello de Oleiros para a promoción da cultura e o deporte para o ano 2020.

Tamén engadimos que, no ano anterior, o Concello de Oleiros acordou conceder á ANPA ARCE DO IES XOSÉ NEIRA VILAS a cantidade de 3.324,11 € para as actividades de Robótica, Obradoiro de Técnicas de Estudo, Técnicas de Estudo e English Club, ao abeiro da Convocatoria para a concesión de subvencións polo Concello de Oleiros para a promoción da cultura e o deporte para o ano 2019, que foi publicada no BOP nº 159 , de 23 de agosto.

A ANPA IESP Xosé Neira Vilas agradécelle ao Concello de Oleiros a concesión das devanditas subvencións, que serviron para que as actividades extraescolares do noso centro se poidesen desenvolver a un prezo razoable.

A Xunta Directiva