REPARTO LIBROS FONDO ANPA CURSO 2021/22

A ANPA ARCE do IES Neira Vilas de Perillo realizará reparto de libros de texto o vindeiro xoves 16 de setembro en horario de 16.00 a 18.00 horas. Informaremos máis adiante do lugar ou lugares de reparto.

Só se fará reparto a aquelas persoas que solicitaran previamente en tempo e forma , sendo este venres 27 o último día para achegar solicitude no caso de non tela feita con anterioridade. Lembrade que non podemos garantir que haxa todos os libros que se solicitaron e que hai preferencia para as familias socias.
Podedes consultar o decálogo na páxina web ou para calquera dúbida contactar por correo electrónico en anpaneiravilas@gmail.com.

A principios do mes de setembro comunicaremos tamén as actividades extraescolares previstas para o vindeiro curso.

Un saúdo e animámosvos a colaborar activamente e formar parte desta asociación.

Grazas!!!!

SOLICITUD LIBROS 1 ESO

SOLICITUD LIBROS 2 ESO

SOLICITUD LIBROS 3 ESO

SOLICITUD LIBROS 4 ESO