CELEBRACIÓN DO DÍA DO LIBRO

Este curso celebrouse o Día Internacional do Libro por todo o alto! Ao longo de toda a semana puidéronse coñecer as numerosas recomendacións literarias feitas polo alumnado, profesorado e PAS do centro expostas nun mural confeccionado polo equipo de biblioteca no andar baixo.

E o domingo, 23 de abril, pola mañá, tres representantes do noso club de lectura “O faiado de Balbino”, Inés Rucci, Óscar López e Sergio Domínguez, leron diversos fragmentos dalgúns dos seus libros favoritos na actividade organizada pola Librería Berbiriana da Coruña. As obras escollidas foron, respectivamente, “La historia interminable” de Michael Ende, “Non penses nun elefante rosa” de Antía Yáñez e “El bestario de Axlin”, primeiro tomo da triloxía “Guardianes de la ciudadela” de Laura Gallego. Moitas grazas a todxs pola participación!