Aquelas persoas ás que lles fora concedida a axuda para a adquisición de material escolar poderán pasar pola Secretaria do centro a recoller o vale correspondente a partir do mércores 19 de xullo do 2023.
O mes de setembro foi o elixido para a estrea da curtametraxe “A lenda da monxa” dirixida e producida por un grupo de alumnado e profesorado dentro do contrato-programa INNOVA solicitado polo instituto.
O prazo para a solicitude de axudas do Ministerio de Educación para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo remata o 20 de setembro do 2023.
Un decreto da Alcaldía do 26 de xuño de 2023, vén de conceder ao noso instituto 9190 € en concepto de subvención para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
– Devolución dos manuais prestados: levarase a cabo o día 26 coincidindo coa entrega de notas en horario de 10:30 a 13:00.
– Doazón de manuais: todas aquelas familias que desexen doar libros para o fondo poderá entregalos no mesmo horario da devolución. Aproveitamos para agradecervos esta colaboración que fai que desde o ANPA podamos continuar con este labor.
– Solicitude de libros para o curso 2023-2024: achegamos os impresos de solicitude que se entregarán cubertos o mesmo día 26 ou ben poderá ser enviado por correo electrónico ao mail do ANPA (anpaneiravilas@gmail.com). Este curso cámbianse os libros de 2º da ESO, non coincidindo ningún co curso pasado polo que non será posible facer préstamos neste curso.
– A entrega dos manuais do próximo curso será previsiblemente no mes de setembro, avisarémosvos de data e hora por leste mesmo medio.
Lembrarvos que para poder ser beneficiarios do préstamo de libros é imprescindible a devolución de todos os manuais prestados para este curso que termina (incluídos os de segundo) e informarvos que como todos os anos, os socios do ANPA terán preferencia no préstamo sobre as familias que non son socias. Podédes consultar o décalogo de préstamo aquí.
Deixámosvos aquí a ficha de alta como socios do ANPA no curso 2023-2024 para todas as familias que así o desexen. Deberá ser debidamente cumprimentada e entregada en man ou enviada por correo electrónico xunto co xustificante de pago.
O club de lectura bota o peche despois dun curso cheo de boas lecturas e experiencias compartidas. Os sete grupos de lectura que o compuxeron (Banda deseñada en galego, Mitoloxía clásica, Portugués, Teatro, Xeografía e Historia, Diversidade e Familias), coordinados por David Amboage, Mercedes López-Mayán, Guadalupe Pardo, Elisabet Ríos e Noé Vázquez, contaron coa participación dun total de 104 lectores e lectoras, repartidos entre alumnado de todos os cursos e familias, e leron 25 títulos diferentes, en galego, castelán, portugués e francés. Ademais das sesións de posta en común e discusión sobre as lecturas, puideron disfrutar de múltiples actividades (obradoiros de escrita, encontro con autores/as, roteiros literarios ou as visitas á libraría Berbiriana con motivo do Día do Libro e a ExpOtaku).
Moitísimas grazas a todos/as os/as participantes polo interese e ilusión amosados!
O pasado xoves, 25 de maio, tivo lugar unha reunión informativa sobre Bachibac destinada ás familias do alumnado de 4º ESO que está interesado en incorporarse a este programa para o vindeiro curso 2023-2024.
A sesión foi organizada e impartida por Blanca Riestra e Mercedes López-Mayán, que agradecen o interese dos/as asistentes cara a este sinal de identidade do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas.
Un ano máis o Instituto Neira Vilas celebra con orgullo a graduación dunha nova e brillante promoción de Bachibac, que obtivo un éxito do 100% na proba externa conducente á obtención da dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat. Noraboa a todo o alumnado polo seu esforzo e talento, e moita sorte nas andainas que agora emprenden!
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)