ACREDITACIÓN DA COMPETENCIA DIXITAL DO ALUMNADO

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar as instrucións para a acreditación das competencias dixitais do alumnado que curso 4º ESO e 2º Bacharelato no curso 2023-24.

Segundo ditas instrucións, a obtención do título de graduado/a en ESO ou de Bacharel acredita o nivel de iniciación e o nivel intermedio (nas áreas de dominio 1, 2, 3 e 5), respectivamente. Pero o alumnado que desexe acreditar o nivel intermedio completo poderá presentarse a unha proba específica que se realizará no centro.

A inscrición na proba específica farase entregando na secretaría do centro o anexo IV das instrucións. O prazo para facelo remata o día 15 de marzo (incluido).

Asemade, as persoas que obtivesen o título de ESO nos cursos 2021-22 e 2022-23 tendo participado no programa E-Dixgal nun mínimo de tres cursos académicos poderán solicitar a acreditación das competencias dixitais, presentando o anexo V das instrucións entre o 2 e o 15 de maio.

Toda a información desta convocatoria pode consultarse no seguinte enlace: https://www.edu.xunta.gal/portal/competenciadixital/alumnado