No Día das Letras Galegas o xornal Praza.gal publicou unha reportaxe sobre os numerosos proxectos e iniciativas que o noso alumnado desenvolveu este curso para recuperar, divulgar e aprender sobre a figura de Luísa Villalta, a autora homenaxeada este ano, que foi profesora tamén no Neira Vilas. A reportaxe completa pode lerse no seguinte enlace: https://praza.gal/cultura/as-letras-de-villalta-nas-aulas-de-luisa-gustame-que-non-estea-calada-que-diga-o-que-pensa
Parabéns ao alumnado polo seu brillante traballo e ao profesorado do Departamento de Lingua Galega, que ideou e coordinou a iniciativa. E grazas á xornalista Ana G. Liste polo interese e agarimo mostrado cara á nosa rapazada.