O pasado 14 de xaneiro a orientadora do noso centro, Beatriz Hermida, impartiu unha charla de orientación académica en todos os grupos de 4º ESO, centrada en informar ao alumnado sobre as ensinanzas de formación profesional e as ensinanzas de réxime especial, con particular atención ás ensinanzas deportivas e ensinanzas artísticas (ensinanzas de arte dramática, de artes plásticas e deseño, e de conservación e restauración de bens culturais).
De xeito complementario, infórmase de que do 27 de xaneiro ao 7 de febreiro (ás 14:00 h.) está aberto o prazo para que o alumnado interesado se inscriba nas Xornadas de Orientación Artística e Profesional (XOAP 2025), que organiza o Concello de Coruña.
O obxecto das Xornadas é dar a coñecer aos/ás estudantes de secundaria a oferta de Formación Profesional na Coruña, así como das ensinanzas artísticas profesionais e dos estudos superiores de deseño para o próximo curso 2025/2026. As datas previstas para a súa realización son os días 17, 18, 19 e 24 de febreiro. Pódese consultar toda a información, así como os folletos e carteis, no seguinte enlace: https://www.coruna. gal/educacion/gl/programas- educativos/detalle-programa/ ii-xornadas-de-orientacion- artistica-e-profesional-xoap- 2025/contenido/1453870389882