O ESCRITOR ERIC DOPAZO ACHEGOUSE AO NOSO CENTRO PARA UNS ENCONTROS MOI ESPECIAIS

O 19 de decembro de 2024 comezou a mañá coa charla Diversidade para todes na que reflexionamos sobre os nosos referentes da música ou da lectura, por exemplo, e démoslle un par de voltas a que nos trasmite esta sociedade respecto dos valores de igualdade.

Despois do recreo, o alumnado de segundo de bacharelato asistiu a unha proposta didáctica ben anovadora sobre Eduardo Blanco Amor e que non deixou a ninguén indiferente.

O acto contou coa presentación feita por Manuel Pérez, profesor de historia e membro da AC Irmáns Suárez Picallo, quen é un lector especializado da correspondencia entre o deputado sadense e o escritor ourensán. Así, deu paso a E. Dopazo que debullou non só os aspectos máis descoñecidos da biografía de E. Blanco Amor senón tamén a súa obra máis universal, A esmorga.

Grazas, Eric, por todos os sorrisos que hoxe contaxiaches e por aprendernos a mirar desde diferentes e diversas perspectivas!