Este sábado, 18 de xaneiro, celebrouse no Centro sociocultural Maruxa e Coralia de Santiago de Compostela a xornada “Fai memoria!”, organizada pola Deputación da Coruña e dirixida por Eva Mejuto, coa intención de crear un foro de reflexión e posta en común de experiencias arredor da memoria histórica e o seu traballo nas aulas dos centros educativos.
O noso instituto estivo dobremente representado nesta xornada. Por un lado, a xefa de estudos e profesora de Xeografía e Historia, Mercedes López-Mayán, participou na mesa de experiencias de memoria nas aulas presentando os numerosos proxectos e iniciativas que arredor da memoria se teñen desenvolvido no noso centro nos últimos anos. Por outro lado, a coordinadora do Equipo de dinamización lingüística e profesora de Lingua galega e literatura, Eli Ríos, presentou as unidades didácticas que elaborou xunto coa Beatriz Maceda arredor do material da exposición “Sinaladas. A loita das mulleres no século XX: cen anos de conquistas e represión”, organizada pola Deputación da Coruña e comisariada por Montse Fajardo. Tanto a exposición como as unidades didácticas poden consultarse neste enlace: https://www.dacoruna. gal/cultura/sinaladas/
Máis información sobre a xornada pode verse nos seguintes enlaces:
e