8 MARZO DÍA DA MULLER CHARLA NON CALARÁS

O alumnado de 1º BACH achegouse ao Proxecto “Non calarás!” da man da presidenta da Asociación Cultural Alexandre Bóveda, María Xosé Bravo e descubriu a historia das mulleres bravas e afoutas que sacaron adiante labores, oficios e proxectos tanto na Coruña como no noso contorno máis próximo. Así coñecemos as achegas matemáticas da oleirense María Wonenburger ou o feito de ser a primeira directora dun xornal como o caso de María Luz Morales.

As mandadeiras, as lavandeiras, as mestras, etc, estiveron na nosa aula para mostrarnos ese mundo que cambiou grazas ao seu esforzo e loitas, e lembrarnos que a súa historia está aínda por contar. Non calarás é o primeiro paso para recoller os seus logros e anímanos a facer o mesmo e achegarnos á historia de Acorunhadasmulleres.