O noso alumno de 3º ESO, Vítor Augusto Ramos Pinto, alzouse co galardón do Premio de Poesía Respira! na categoría de alumnado de ESO cun poema en portugués titulado “A vida no Brasil”. Este premio, que este ano celebra a súa terceira edición, enmárcase no VIII Festival de Poesía para corpo principal “Alguén que respira”, organizado polo Concello de Santiago de Compostela. O vindeiro 21 de marzo, Día mundial da Poesía, seralles entregado o galardón aos/ás gañadores/as nas catro categorías (Universidade, Bacharelato, ESO e Primaria). Máis información pode consultarse na web: https://alguenquerespira.gal/