CONVOCATORIA DE 3 MOBILIDADES ERASMUS+ EN FRANCIA PARA O CURSO 2025/2026

O IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas é socio do consorcio de mobilidade Galemundo Acreditación Erasmus+ no Sector da Educación Escolar coordinado pola Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional. O consorcio desenvolverá actividades de mobilidade con fondos Erasmus+ a través dun proxecto acreditado durante o curso 2025-2026.
Ao noso centro correspóndenlle 3 mobilidades en Francia, que se desenvolverán a comezos do curso 2025-2026 e están destinadas a 3 alumnos/as actualmente matriculados en 4º ESO e que no curso que vén vaian facer 1º Bacharelato.
Publícase, polo tanto, a convocatoria correspondente a estas mobilidades, na que se detalla toda a información sobre cando se desenvolverán, con que características, que alumnado destinatario, que criterios de selección do mesmo… e se detallan os prazos para que as persoas interesadas poidan solicitala na Secretaría do centro, presentando a documentación que se publica a continuación e se indica na convocatoria.
– Documentación necesaria para facer a solicitude:
  1. Solicitude de participación.
  2. Condicións de participación.
  3. Declaración datos de saúde.
  4. Autorización uso de imaxes.
Asemade, convócase a aquelas persoas interesadas nestas mobilidades a unha reunión informativa que terá lugar no centro o xoves 24 de abril, ás 18:00 h.
O prazo para solicitar participar nestas mobilidades remata o luns, 28 de abril, ás 14:00 h.