O pasado 9 de abril, os grupos de 4º da ESO continuaron co proxecto de recuperación da memoria e participaron, na Fábrica de Perillo, nun encontro coa autora da novela A ladroa da biblioteca de Meirás.
Eva Mejuto fixo un percorrido polas personaxes da novela, quen ou que lle deu a clave e a inspiración para a súa creación e desvendou a importancia dos lugares como Meirás nos acontecementos da historia.
A parte da documentación previa a escribir causou bastante impresión, leva moito traballo e poucas veces se fala dela, así como as escollas do multiperspectivismo. Tamén foi moi interesante saber que a presentación do libro do noso profe de historia, Manuel, tivo moito que ver no nacemento desta narración.
Ao final da sesión, Eva Mejuto asinou os exemplares da obra e o alumnado trouxo de volta unha lembranza inesquecible consigo.