Do 16 de maio ao 20 de xuño está aberto o prazo para solicitar as axudas para a adquisición de material escolar para o curso 2025-2026. Ditas axudas concédense ao abeiro da Orde do 28 de abril de 2025 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostido con fondos públicos para o curso escolar 2025/26 (https://www.xunta. gal/dog/Publicados/2025/ 20250515/AnuncioG0761-290425- 0001_gl.html).
No caso do noso instituto, ao ser un centro E-Dixgal, unicamente se poden solicitar as axudas para material escolar.
A solicitude das axudas farase preferiblemente por vía electrónica no formulario normalizado (Código de procedemento ED330B) dispoñible na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/ fondolibros/) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia. Opcionalmente poderá facerse de xeito presencial no centro docente ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.