Arquivo da categoría: Curso 2019-2020

Artigos do curso académico 2019-2020.

FONDO DE LIBROS DA ANPA: REPARTO DE RESTOS

A quen poida interesar, socios e non socios:

Finalizamos có reparto dos libros solicitados e quedaron libros que podemos repartir, se alguén os necesita (véxase LIBROS DISPOÑIBLES NA ANPA O 25-09-2019). Agradecemos a colaboración do centro neste aspecto, xa que nos deixa libros para completar materias e entregas.

¡Estes libros xa NON se poden reservar!

Entregaranse por orde de petición física na oficina da ANPA, por escrita orde de chegada.

Horario de reparto:

XOVES, 26/09/2019     16:15 – 18:00 h

Todos os luns                 16:15 – 17:50 h Seguir lendo FONDO DE LIBROS DA ANPA: REPARTO DE RESTOS

CORRECCIÓN DA CONVOCATORIA DE ASEMBLEA XERAL ORDINARIA ANPA IESP XOSÉ NEIRA VILAS

Convocamos a todas as familias socias e invitamos a todas as familias non socias a unha asemblea xeral ordinaria da Asociación de nais e pais do IESP Xosé Neira Vilas.

    • Data:         xoves, 26 de setembro de 2019
    • Hora:
          • 19:00 h en 1ª convocatoria
          • 19:30 h en 2ª convocatoria
    • Lugar:         IESP Xosé Neira Vilas

Prégase máxima difusión. Achégase a orde do día . E a partir do luns teredes tamén aquí á vosa disposición a acta da última asemblea.

(**Corrección da data e da hora: Convocatoria Asemblea Ordinaria actualizada 21/09/2019.)

En Perillo, a 19/09/2019

A Presidenta da ANPA

Fondo de libros da ANPA: entrega dos libros curso 2019-2020

O próximo xoves,  19 de setembro, de 16:00 a 18:00 h entregaranse os libros que a ANPA deixa en préstamo para o curso 2019-2020.

Recordámosvos que no reparto se tivo en conta a asignación de libros que fai o instituto do fondo solidario de libros da Xunta para evitar duplicidades e que se beneficie o maior número posible de alumnos.

Os que non entregaron unha solicitude de libros, aínda o poden facer o xoves, e nos próximos días faremos un novo reparto dos restos que quedaron e os libros que non se pasen a recoller.

Calquera consulta ou dúbida, por favor, dirixídevos a nos por correo electrónico.

Perillo, a 17 de setembro de 2019

A Directiva

Fondo de libros da ANPA: devolución dos libros en préstamo 2018-2019

O próximo venres 6 de setembro de 10 a 12:30 h recolleranse os libros que aínda non se devolveron e que se deixaron en préstamo para o curso 2018-2019. Aqueles que non fixeron aínda a solicitude de libros para o curso que entra, pódeno facer tamén o venres.

Prégase que os alumnos que non devolveron os libros en xuño o fagan agora sen falta. É condición indispensable devolver todos os libros prestados pola ANPA para poder entrar novamente no reparto de libros para o curso que está a piques de comezar.

Nos próximos días publicaremos a data e o horario no que se poderá pasar a recoller os libros para o curso 2019-2020.

Calquera consulta ou dúbida, por favor, dirixídevos a nos por correo electrónico.

Perillo, a 4 de setembro de 2019

A Directiva