Arquivo da categoría: Departamento de Bioloxía e Xeoloxía

Ruta ao Monte Xalo

Os alumnos de 1º de ESO, o 27 de Marzo (1º A) e o 3 de Abril (1ª B), realizaron unha visita didáctica polo Monte Xalo organizada polo departamento de Bioloxía e Xeoloxía. Ademais de coñecer de comparar as especies vexetais do bosque autóctono e o das plantacións e gozar da paisaxe, comprobaron “in situ” as formacións xeolóxicas graníticas típicas da zona; coñeceron lendas e pasearon a carón do Rego das Xesteiras, á sombra do que queda do bosque de ribeira, antigos muíños de auga restaurados, para acabar na Torre de Celas, único vestixio dun antigo Castelo que os Andrade tiñan no camiño da Coruña a Santiago. Aprenderon tamén a respectar e coidar a nosa paisaxe e o noso patrimonio dun xeito ameno.

Ciencia Na Rúa 2017

A maxia da química

O día 6 de maio, organizado polos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Tecnoloxía, o noso centro participou na XXII edición de Ciencia Na Rúa.

Ao longo do día 46 alumnas e alumnos presentaron, con gran entusiasmo e interese,  ao público experiencias sobre magnetismo e química.

Agradecemos especialmente a colaboración de Jesús Mosqueira Rey, profesor do departamento de Física de Partículas da Facultade de Física da USC, polo asesoramento e achega do material para a experiencia de levitación magnética.

A actividade foi organizada polos profesores:

  • María José Fandiño Río
  • Laura Fernández Villarino
  • Blanca Rodríguez Latorre
  • Xosé Rodríguez Rodríguez
  • Ramón Romero Pardo, (profesor emérito)
  • Antonio Varela Caamaño, (profesor emérito)

Actividades sobre magnetismo:

  • Imáns polos e forzas magnéticas.
  • Materias ferromagnéticos e non ferromagnéticos.
  • O compás: determinación dos polos dun imán.
  • Construción de imáns.
  • Experiencia de Oersted.
  • Forza de Lorentz.
  • Construción de electroimáns.
  • Experiencias de indución.
  • Motor homopolar.
  • Tren de bobina.
  • Levitación magnética con supercondutor.

Actividades de química:

  • Reaccións redox con permanganato: transformacións de viño en auga.
  • Ácidos e bases: A col lombarda como indicador de pH.
  • Diferencias de densidade: Lámpada de lava e as lentellas máxicas.