O día 4 de abril, o concello de Oleiros organizou en coordinación co seminario de Educación Física, unha xornada de “Iniciación á escalada”. Celebrouse no pavillón de Bastiagueiro e participaron os alumnos de 2º da ESO en sesións de dúas horas cada grupo. 
Arquivo da categoría: Departamento de Educación Física
Actividade de Hip-hop
Patinaxe sobre xeo
Ao longo do mes de febreiro, o departamento de Educación Física organizou a actividade “PATINAXE SOBRE XEO”. na que participou todo o alumnado coa materia de educación física, en xornadas de dúas horas cada grupo. Realizouse nas instalacións de Invernalia, no paseo marítimo Alcalde Francisco Vázquez, cunha porcentaxe alta de participación.

Actividade de remo
Xornadas de xogos populares
O día 26 de Marzo, organizouse a través do concello, unha xornada de XOGOS TRADICIONAIS.
A actividade programouse nun principio só para os alumnos/as de 4º da ESO, se ben por cuestións de horarios, estendeuse tamén ós alumnos/as de 2º ESO e 3º B.
Os nenos e nenas participaron de forma activa e gozaron dunha xornada distinta e creemos que divertida aprendendo outra forma de xogar.
O Seminario de Educación Física, quere agradecer a colaboración do concello para a realización desta actividade dotando ó instituto cos medios materiais (billarda, rá, chave, bolos, zancos, aros…) e persoais, para o desenvolvemento da xornada.


