Arquivo da categoría: Departamento de Xeografía e Historia

Monitores no Museo

Visita museo arqueoloxico da Coruña
Visita museo arqueoloxico da Coruña

Un grupo de alumnos de 1º curso da ESO, visitou o Museo arqueolóxico da Coruña para preparar as actividades da visita que realizarán cos seus compañeiros e que serán monitores.

A actividade foi realizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o alumnado foi  acompañado pola profesora Carmen García-Rodeja. No Museo desenvolveron o proxecto de traballo que é a realización dunha guía didáctica que eles, como monitores, prepararán para organizar a visita cos seus compañeiros. Foi desenvolvido o proxecto incidindo en cada unha das seccións do Museo arqueolóxico para identificar as pezas e implicalas no contexto histórico. Tamén foi realizado un taller de arqueoloxía coa catalogación  de obxectos  e un obradoiro de cerámica.

 

Homenaxe a Rosalía

O pasado día 24 de Febreiro, día de Rosalía,  o alumnado do IES Neira Vilas participou na homenaxe a Rosalía de Castro co recitado de versos da poeta. O acto foi realizado no Ágora de A Coruña e organizado pola AELG (Asociación de escritores en lingua galega).
Participaron os alumnos de 1º curso, Sara Boughaba, Manuel Colino e Orleni Mateo xunto con escritores como Manuel Rivas ou  Fernández Naval,  dramaturgos como Manuel Lourenzo ou  profesores de Universidade como Pilar García Negro. ​

Nutrición saudable

O día 30 de Xaneiro impartiuse a charla co título “Nutrición e saúde pública”, dirixida ó alumnado de 3º curso, a cargo de Dolores Prieto, farmacéutica e nai dunha alumna dese curso

A conferenciante Dolores Prieto destacou na súa charla a importancia da alimentación, de como inflúe no desenvolvemento do corpo humano e cal son os nutrientes mellores segundo cada unha das persoas, tamén insistiu na importancia dos alimentos naturais, o abuso da publicidade, e a importancia do sono e o exercicio para a saúde. Rematou dando unha recomendacións prácticas sobre hábitos hixiénicos diarios. A conferencia suscitou numerosas preguntas e foi valorado moi positivamente polo alumnado.

Prevención é saude

Charla Carmen Vázquez Lema
Charla Carmen Vázquez Lema

O día 28 de Xaneiro celebrouse a conferencia titulas: “Etioloxía e prevención de enfermidades comúns” impartida pola doutora Vázquez Lema experta en medicina preventiva e coordinadora do plan de Ébola para Galicia, dirixida ó grupo de 3º da ESO dentro das actividades da materia de Xeografía.

A doutora Carmen Vázquez Lema e nai dunha alumna de terceiro curso, realizou unha panorámica sobre as principais enfermidades infecto contaxiosas, insistindo nas de transmisión sexual, as enfermidades respiratorias e as que se producen pola inxestión de drogas. Insistiuse nos medio de transmisión, as medidas preventivas e a situación actual da saúde pública. O debate foi de grande interese para o alumnado.

Taller de gravado no Museo de BBAA

O alumnado de cuarto acudiu o día 19 de Decembro ao museo de BBAA da Coruña para profundar na obra de Goya e para participar nun taller de gravado, tamén foi aproveitada a visita para ver as obras contemporáneas alí exportas. Foi organizado polo Departamento de Xeografía e Historia e acompañados polos profesores Xosé Antón García e Carmen Rodeja.