O pasado ano comezamos a colaboración coa cooperativa Mulleres Colleiteiras, que se dedica a reciclar aceite de cociña.
Pedimos á toda a comunidade educativa que continúe colaborando para acadar a maior cantidade posible de aceite.
Todos os proxectos relacionados co medio ambiente.
O pasado ano comezamos a colaboración coa cooperativa Mulleres Colleiteiras, que se dedica a reciclar aceite de cociña.
Pedimos á toda a comunidade educativa que continúe colaborando para acadar a maior cantidade posible de aceite.
Os días 1 e 2 de abril, alumnado de 3º e 4º ESO participaron nun novo intercambio do Proxecto Terra, neste caso a Ferrol e as Fragas do Eume.
Acompañados por Sandra Pérez Coto e Jorge Carlos Calle López, visitaron o primeiro día Ferrol, primeiro cunha actividade na aula de Ecoloxía Urbana e despois na Exposición Nacional da Construción Naval. Tras un percorrido en barco pola ría, con parada en Mugardos para xantar, a tarde completouse coa visita ao castelo de San Felipe e un percorrido polo barrio da Magdalena.
O aloxamento foi no albergue Albarelle, exemplo de bioconstrución e de establecemento comprometido coa conservación do Medio Natural. O segundo día consistiu en actividades nas Fragas do Eume e visita ao Museo Etnográfico da Capela.
Agradecer ao Proxecto Terra a boa organización e atención prestada ao noso alumnado
O 19 de xuño, como finalización do curso académico, o IESP puxo en escena a performance “Sostible”, Proxecto de Biblioteca no que se traballou durante o último trimestre por parte de máis do 40% do profesorado do centro educativo. Contou coa participación directa de máis de 50 alumnas e alumnos dos diversos niveis e volveu amosar unha estreita colaboración alumnado-profesorado, da que temos a ben facer gala neste instituto.
Grazas a tod@s pola vosa participación e bo verán.
Olla algunha actuación, por Cortesía de Carmen Rodríguez Coronado: Lucía e Xoan [1, 2]; outro alumnado de 4º ESO; Antón, Laura e Marta.
Olla o vídeo de consellos ecolóxicos do alumnado de 1º ESO e o vídeo-poema de Davi Carro, alumno de 2º ESO.
Olla algún outro vídeo aquí.
Dentro do proxecto de colaboración coa cooperativa “Mulleres colleiteiras” instalouse un contedor para recoller aceite usado.
Pídese a colaboración de toda a comunidade educativa, especialmente das familias, para acadar a maior cantidade posible de aceite reciclado de aquí ao 5 de xuño (O día Mundial do Medio Ambiente).
Pretendese educar na responsabilidade que temos de coidar do medio ambiente e como afecta á nosa calidade de vida.
O 9 de Marzo os alumnos de 1º e 2º ESO asistiron á presentación do proxecto de recollida de aceite usado da cooperativa “Mulleres Colleiteiras”.
A charla organizada co apoio da Concellería de Ensino e Xuventude, pretende sensibilizar ao alumnado da importancia social e ambiental do proxecto.
O noso centro ten previsto colaborar coa instalación dun punto de recollida aberto á participación de toda a comunidade educativa.