Todos os xoves de 16:15 a 17:45
Arrancamos o 3-10-2019. Apúntate!!!!
Preme aquí para ver con mellor definición o cartaz da actividade.
Todos os xoves de 16:15 a 17:45
Arrancamos o 3-10-2019. Apúntate!!!!
Preme aquí para ver con mellor definición o cartaz da actividade.
A ANPA ofrecerá este curso as seguintes actividades:
Horario: XOVES, 16:15-17:45 h.
Data de inicio: 3-10-2019 Seguir lendo ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2019/20
O alumnado de 4º de ESO e 1º de bacaherelato, que participou durante o curso pasado no contrato-programa de cine, presentará a sua produción o vindeiro luns 23 de setembro no Auditorio da Fábrica de Oleiros (espazo cedido para este fin polo Concello de Oleiros) . Seguir lendo PRESENTACIÓN DA CURTAMETRAXE
O próximo xoves, 19 de setembro, de 16:00 a 18:00 h entregaranse os libros que a ANPA deixa en préstamo para o curso 2019-2020.
Recordámosvos que no reparto se tivo en conta a asignación de libros que fai o instituto do fondo solidario de libros da Xunta para evitar duplicidades e que se beneficie o maior número posible de alumnos.
Os que non entregaron unha solicitude de libros, aínda o poden facer o xoves, e nos próximos días faremos un novo reparto dos restos que quedaron e os libros que non se pasen a recoller.
Calquera consulta ou dúbida, por favor, dirixídevos a nos por correo electrónico.
Perillo, a 17 de setembro de 2019
A Directiva
O próximo venres 6 de setembro de 10 a 12:30 h recolleranse os libros que aínda non se devolveron e que se deixaron en préstamo para o curso 2018-2019. Aqueles que non fixeron aínda a solicitude de libros para o curso que entra, pódeno facer tamén o venres.
Prégase que os alumnos que non devolveron os libros en xuño o fagan agora sen falta. É condición indispensable devolver todos os libros prestados pola ANPA para poder entrar novamente no reparto de libros para o curso que está a piques de comezar.
Nos próximos días publicaremos a data e o horario no que se poderá pasar a recoller os libros para o curso 2019-2020.
Calquera consulta ou dúbida, por favor, dirixídevos a nos por correo electrónico.
Perillo, a 4 de setembro de 2019
A Directiva
Dado que o banco có que estábamos a traballar deixa de dar en breve o servizo que nos estaba prestando, tivemos que cambiar de entidade bancaria.
Desde o 3 de xullo temos conta con BANKIA.
O novo número de conta é: ES51 2038 4035 9060 0018 2908.
Os ingresos de cotas de socios ou calquera outro ingreso destinado á ANPA deberán facerse a partir de agora na conta nova, pois a outra de ING Direct deixará de estar operativa nos próximos días.


Desexamos a toda a comunidade educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas unhas felices vacacións. Seguir lendo FIN DE CURSO
Durante esta última semana de curso 45 estudantes de 4º de ESO, acompañados polos profesores María Blanco, Mª José Fandiño e Agustín Fernández Gago, están a desfrutar da VIAXE FIN DE ETAPA 2019 a Irlanda. Seguir lendo DUBLÍN 2019