ENTREGA DE NOTAS:
EN SECRETARIA,
A ENTREGA SERÁ O XOVES 3 DE SETEMBRO ÁS 10:00 HORAS PARA 2º DE BACHARELATO
ÁS 10:00 HORAS DO VENRES 4 DE SETEMBRO PARA ESO E 1º DE BACHARELATO.
RECLAMACIÓNS:
DESDE O XOVES 3 ÁS 11:00 HORAS ATA O LUNS 7 ÁS 11:00 HORAS PARA 2º DE BACHARELATO.
DESDE O VENRES 4 ÁS 11:00 HORAS ATA O MARTES 8 ÁS 11:00 HORAS PARA ESO E 1º DE BACHARELATO.


O noso alumno Saúl Clambor ven de proclamarse Subcampión de España de Sambo na categoría cadete (79kg).
O pasado mércores o concello de Oleiros organizou un ano máis a “Feira de Orientación académica e profesional” (que xa vai pola 5ª edición) no Pavillón Arsenio Iglesias de Santa Cruz con 34 mesas informativas. O alumnado de 4º ESO e 2º de Bacharelato puido resolver as súas dúbidas e aproveitar para recoller folletos dos seus intereses, e pola tarde as familias tiveron ocasión de visitar a feira nas xornadas de portas abertas.
Nestes días dentro do “Plan Director para a Convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos”, o corpo da Garda Civil de Oleiros impartiron charlas de prevención de diferentes temáticas nos cursos da ESO. En 1º ESO centráronse nas TICS e os seus riscos; en 2º ESO no acoso e ciberacoso escolar; en 3º ESO en drogas e alcol; e en 4º ESO na violencia sobre a muller.