Matrícula para os alumnos de ESO e Bacharelato
- ¿Quén se pode matricular neste prazo?
- ¿Cando e donde se fai a matrícula?
- ¿Que documentación teñen que aportar os alumnos xunto coa matrícula?
- ¿Que pasa cos alumnos que non aprobaron na convocatoria de xuño?
- ¿Que pasa cos alumnos que rematado o prazo de matrícula non o fixeron?
- Exención da materia de Lingua Galega
- Recomendacións
- Lexislación
- Impresos
Curso 2019-2020
O prazo de matrícula para os alumnos do ESO e Bacharelato do 25 de xuño ao 10 de xullo
¿Quén se pode matricular neste prazo?
- Tódolos alumnos novos que foron admitidos e non teñen que asistir a convocatoria do mes de setembro.
- Tódolos alumnos do centro que fixeron a reserva e promocionan ao curso seguinte.
- Transcorridos estes prazos entenderase que o alumnado non matriculado renuncia á praza.
¿Cando e donde se fai a matrícula?
O prazo de matrícula para ESO e Bacharelato comeza o día 25 de xuño e remata o 10 de xullo.
Para matricularse os alumnos terán que entregar na Secretaría do centro a documentación que se di nos seguintes apartado. Pode facerse a matrícula de Luns a Venres de 9,00 horas a 13,00 horas.
¿Que documentación teñen que aportar os alumnos xunto coa matrícula?
- O documento de matrícula cuberto.
- Dúas fotografías de tamaño carné.
- Fotocopia do DNI (Lémbrase que o DNI é obrigatorio para os alumnos que teñan cumpridos os 14 anos de idade segundo o R.D. 196/1976 de 5 de febreiro)
- Os alumnos dos cursos 3º e 4º de ESO e de 1º e 2º de Bacharelato terán que pagar o Seguro Escolar (1,12 €).
- Os alumnos de 1º e 2º da ESO engadirán á matricula unha fotocopia da tarxeta sanitaria.
- Se o alumno é novo no centro deberá entregar copia do boletín de cualificacións do mes de xuño.
¿Que pasa cos alumnos que non aprobaron na convocatoria de xuño?
Terán que agardar a convocatoria de setembro e formalizar a matrícula tan pronto teñan no seu poder o boletín de cualificacións. O prazo de matrícula vai do 1 ao 10 de setembro.
¿Que pasa cos alumnos que rematado o prazo de matrícula non o fixeron?
Se finalizado o prazo de matrícula, non se formalizase esta perderán o dereito a praza obtida.
Recomendacións:
- Os impresos estarán cubertos en todos os seus apartados e asinados.
- As fotocopias que se entreguen deberán de estar en papel A4 e non recortadas.
- O Libro de Familia Numerosa terá que estar actualizado.
- As fotografías serán recentes pois deben reflectir a imaxe do alumno no momento actual.
- A matrícula só se recollerá se contén toda a documentación.
Lexislación
- DECRETO 254/2012, do 13 de decembro de 2012, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.]
- ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2o ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
- Corrección de erros da ORDE do 12 de marzo de 2013 .
Impresos
Documentos Xerais
- ANPA_19_20 subministrado pola ANPA do IESP NEIRA VILAS para aquelas persoas que desexen facerse socios da mesma.
- Autorización_excepcional_transporte_Bacharelato para aqueles alumnos de Bacharelato que desexen solicitar transporte gratuito.
Impresos para ESO
- DOCUMENTO MATRÍCULA_ESO.
- Información sobre as materias de libre configuración autonómica: