Arquivos da etiqueta: Carmen García-Rodeja

Á descuberta da arquitectura e a paisaxe: Visita a Guimarães (Portugal)

Visita a Guimarães
Visita a Guimarães

Os días 21 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á cidade portuguesa de Guimarães. A actividade está organizada co proxecto Terra e o noso centro leva xa varios anos realizando estas saídas ao país veciño. O completo programa inclúe actividades variadas: a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança. Dúas xornadas completas comendo e durmindo na pousada da xuventude desa localidade portuguesa. O alumnado foi acompañado polos profesores Jorge Calle, Carmen  García-Rodeja e Isabel López Mariño

Investigando no museo arqueolóxico

INVESTIGANDO NO MUSEO ARQUEOLÓXICO

Investigando no Museo Arqueolóxico
Investigando no Museo Arqueolóxico

O pasado día 15 de Abril o alumnado de 1º curso realizou prácticas de arqueoloxía acompañados polos profesores de Xeografía e Historia: Jorge Calle, Xosé Antón García e Carmen García Rodeja e guiados polos seus compañeiros monitores.

Monitores no Museo

Visita museo arqueoloxico da Coruña
Visita museo arqueoloxico da Coruña

Un grupo de alumnos de 1º curso da ESO, visitou o Museo arqueolóxico da Coruña para preparar as actividades da visita que realizarán cos seus compañeiros e que serán monitores.

A actividade foi realizada polo Departamento de Xeografía e Historia e o alumnado foi  acompañado pola profesora Carmen García-Rodeja. No Museo desenvolveron o proxecto de traballo que é a realización dunha guía didáctica que eles, como monitores, prepararán para organizar a visita cos seus compañeiros. Foi desenvolvido o proxecto incidindo en cada unha das seccións do Museo arqueolóxico para identificar as pezas e implicalas no contexto histórico. Tamén foi realizado un taller de arqueoloxía coa catalogación  de obxectos  e un obradoiro de cerámica.