Un ano mais celebramos os excelentes resultados do alumnado do IESPLurilingüe Xosé Neira Vilas nos exames de Francés Lingua Estranxeira // DELF, convocados polo Ministère de l’Éducation Nationale de Francia. Seguir lendo Delf 2017
Arquivos da etiqueta: DELF
Noraboa dos representantes da Embaixada de Francia ao noso Instituto
O pasado 9/03/2017 acudiron ó noso centro os membros da Embaixada de Francia en España, Nicolas Kassianides, conselleiro cultural, director del Institut Français de España, Manuela Ferreira, agregada de Cooperación Educativa e Caroline Natalia agregada de cooperación para a lingua francesa.
O obxectivo foi felicitar polo éxito da implantación do BACHIBAC (Dobre titulación de Bacharelato en francés e español) no único centro de Galicia e polos excelentes resultados no exame DELF (diplomas oficiais de Francés como lingua estranxeira outorgados polo Ministerio francés de Educación Nacional e recoñecidos a nivel internacional)
Os membros da embaixada de Francia acompañados polo equipo directivo e pola Inspectora de Educación, Concepción Aramburu, a concelleira de Educación de Oleiros Iria Barreiro Antón e a asesora de Bachibac e do DELF SCOLAIRE en Galicia, Mª Jesús Lorenzano Lamelo, visitaron o Instituto Neira Vilas e acudiron a algunhas das clases de BACHIBAC do profesor Xosé Antón García da materia de de Historia onde quedaron sorpendidos polo nivel de coñecementos da materia e o seu nivel da lingua francesa. O profesor Carlos Vidal, catedrático de Francés do Instituto, destacou a importancia da dobre titulación xa que incorpora non só un novo curriculum senón unha diferente metodoloxía que completa a formación académica do alumnado.
O Sr. Kassianides rematou a visita desexando moita sorte ao alumnado nas probas de externas do BACHIBAC e destacou as facilidades que este alumnado ten para seguir os seus estudos en Francia por ser alumnado de pleno dereito no sistema educativo francés.
Certificados DELF 2016
Un ano máis celebramos os excelentes resultados do alumnado do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministère de l’Educación Nationale de Francia.
Os 45 alumnos do Centro presentados acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (18 alumnos), B1 (14 alumnos) e B2 (13 alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato]. Agradecemos á lectora Ivana Mickovski a súa colaboración na preparación das probas.
A nosa máis sincera noraboa!
Certificados DELF 2015
Excelentes resultados do alumnado do IES P Xosé Neira Vilas nos exames de Francés convocados no mes de xuño polo Ministerio de Educación de Francia.
Os 28 alumnos do Centro acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (12 alumnos), B1 (11 alumnos) e B2 (5 alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato].
A nosa máis sincera noraboa!
Certificados DELF
Un ano máis o alumnado do IESP Xosé Neira Vilas obtén excelentes resultados nos exámes de Francés convocados no mes de xunio polo Ministerio de Educación de Francia.
Os 34 alumnos do Centro acadaron certificados DELF. Este é o diploma que certifica as competencias en lingua francesa para candidatos estranxeiros; os niveis que acadaron son A2 (12 alumnos), B1 (15 alumnos) e B2 (7alumnos) correspondentes ao Marco común europeo de referencia para as linguas (MCERL). [O alumnado que se presentou era tanto de Secundaria como de Bacharelato].
A nosa mais sincera noraboa!