En nome de toda a comunidade educativa, queremos felicitar aos estudantes da promoción Bachibac 2019, que recibiron na data de hoxe os resultados da Proba Externa do BACCALAURÉAT (Bacharelato Francés), superada por todos eles con excelentes resultados. Facemos extensiva a citada felicitación ao profesorado implicado no programa.
Desexámoslles unha feliz andadura nesta nova etapa que agora comezan. Noraboa!
No marco dunha colaboración entre a Académie d’Amiens e a Xunta de Galicia, o profesor de Xeografía e Historia, Xosé Antón García González, realizará un stage de jobshadowing (de 18 a 29 de setembro) no departamento de l’Aisne. Seguir lendo Vers Saint-Quentin→
En nome de toda a Comunidade Educativa do IES Plurilingüe Xosé Neira Vilas dámoslle a nosa mais sincera felicitación polo éxito acadado na Proba Externa do Bachibac, ao aprobar, con moi boas notas, e obter así o título do BACCALAURÉAT francés os 6 alumnos que conforman esta 2ª promoción Bachibac-Galicia.
Moita sorte na nova etapa que comeza e tamén moitos éxitos para todos eles !!!!
Os xornais xornais fan referencia á nova promoción nas súas páxinas:
O pasado 9/03/2017 acudiron ó noso centro os membros da Embaixada de Francia en España, Nicolas Kassianides, conselleiro cultural, director del Institut Français de España, Manuela Ferreira, agregada de Cooperación Educativa e Caroline Natalia agregada de cooperación para a lingua francesa.
O obxectivo foi felicitar polo éxito da implantación do BACHIBAC (Dobre titulación de Bacharelato en francés e español) no único centro de Galicia e polos excelentes resultados no exame DELF (diplomas oficiais de Francés como lingua estranxeira outorgados polo Ministerio francés de Educación Nacional e recoñecidos a nivel internacional)
Os membros da embaixada de Francia acompañados polo equipo directivo e pola Inspectora de Educación, Concepción Aramburu, a concelleira de Educación de Oleiros Iria Barreiro Antón e a asesora de Bachibac e do DELF SCOLAIRE en Galicia, Mª Jesús Lorenzano Lamelo, visitaron o Instituto Neira Vilas e acudiron a algunhas das clases de BACHIBAC do profesor Xosé Antón García da materia de de Historia onde quedaron sorpendidos polo nivel de coñecementos da materia e o seu nivel da lingua francesa. O profesor Carlos Vidal, catedrático de Francés do Instituto, destacou a importancia da dobre titulación xa que incorpora non só un novo curriculum senón unha diferente metodoloxía que completa a formación académica do alumnado.
O Sr. Kassianides rematou a visita desexando moita sorte ao alumnado nas probas de externas do BACHIBAC e destacou as facilidades que este alumnado ten para seguir os seus estudos en Francia por ser alumnado de pleno dereito no sistema educativo francés.
Os alumnos da 1ª promoción do Bachibac realizaron a proba externa con un 100% de aprobados. O diario La Opinión publica unha noticia é La Voz de Galicia fai unha entrevista ao profesor Carlos Vidal:
A primeira promoción de alumnado de Bachibac do noso centro (e tamén a 1ª de Galicia) superou na súa totalidade a Proba Externa do Bachibac.
No nome de toda a comunidade educativa dámoslle a nosas máis sinceras felicitacións e desexámoslles moita sorte e moitos éxitos na nova etapa que comezan.
Máis de 50 alumnas e alunmos da Sección Plurilingüe e de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñezan cidades e países da U.E. Este curso está programada a visita a Bélxica e coñeceremos a súa capital Bruxelas, sede oficial das institucións europeas; estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Ivana Mickovski . As datas da viaxe son do 13 ao 17 de maio.
Visitarán en Bruxelas o Brupark onde se situa o Atomium construído en 1958 con motivo da Exposición Universal , despois visitarán a Mini-Europe ( visita a través de maquetas dos monumentos máis representativos das diferentes cidades e lugares de Europa), e pola tarde diversión no parque acuático “Océade”. Tamén se fará unha visita ás institucións europeas onde un grupo de alumnos participará nun Xogo de Rol relacionado con temas europeos e outro grupo visitará o Parlementarium.
Outro día farán tamén unha visita á cidade de Bruxas, a “Venecia do norte “ e en barco percorrerán a cidade polos seus canais.
54 alumnas e alumnos da Sección Plurilingüe e este ano tamén os de BACHIBAC realizarán a xa tradicional “VIAXE EUROPEA” co ánimo de que coñecen cidades e países da U.E., este curso a Amsterdam e estarán acompañados de 4 profesores do centro e da Asistente de Linguas Marie-Noëlle Chapelle . As datas da viaxe son do 30 de abril a 4 de maio.
Nesta cidade visitaremos a Casa Museo de Ana Frank, o Museo Vang Gogh, o Rijsmuseum e o Museo da Ciencia NEMO ( o museo de ciencia e tecnoloxía mais importante de Holanda), sen esquecer o paseo polos canais da fermosa cidade de Amterdam, tamén aproveitaremos para coñecer os recunchos mais tradicionais da cidade como o Mercado das Flores , o Mercado de Albert Cuyp, a Praza Dam, o parque Vondelpark etc…
VII º INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES.-
VII Intercambio Escolar
O intercambio escolar co Collège Notre Dame le Ménimur, é dende hai moitos anos parte da nosa vida como centro. Máis de 250 alumnos viviron esta experiencia, que usando as súas propias palabras “foi inesquecible”.
Co obxetivo de fomentar e profundizar no estudio da lingua francesa, 42 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIIº ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 17 e 28 de marzo e estarán acompañdos polos profesores Dona Isabel López Mariño, Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fará diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Saint Malo, Mont Saint Michel, Quimper , etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e este ano e como novidade ao incoporarse o alumnado BACHIBAC asistirán as clases no Lycée Notre Dame Le Menimur
O Intercambio rematará coa visita a París e o último día irán a Eurodisney.
O alumnado francés e o profesorado acompañante serán os nosos invitados no mes de maio.
Instituto de Ensino Secundario Plurilingue Xosé Neira Vilas. Perillo (Oleiros)