Un total de 43 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIII ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 8 e 19 de abril. Estarán acompañados dos profesores Dona Isabel López Mariño , Don Juan Santamaría e Don Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fará diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Quiberon , Mont Saint Michel, Saint Malo, etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur.
O alumnado BACHIBAC fará unha inmersión lingüística reforzada para a preparación da proba externa que realizarán estes alumnos no mes de maio de 2017. Ademais, para superar o DELF B2, asistirán a clases no Lycée.
A continuación efectuarase unha visita a París onde o alumnado de 4º da ESO e 1º de Bacharelato visitará o Museo do Louvre.
O intercambio rematará cunha visita a Eurodisney.
Arquivos da etiqueta: Isabel López Mariño
Últimas saídas do alumnado de 4º ESO
O 8 de xaneiro de 2016 tivemos unha visita ao Museo de Belas Artes da Coruña. O alumnado visitou a exposición dos gravados de Goya e realizou unha práctica de gravado. Estiveron acompañados polos profesores María Dans Sampedro e Jorge Carlos Calle López. Grazas a todo o persoal do museo pola boa atención prestada.
O 17 de febreiro o alumnado visitou a fábrica das patacas fritidas de Bonilla nunha saída organizada polo departamento de Economía. Os profesores Isabel López Mariño e Jorge Carlos Calle López acompañaron nesta ocasión ao alumnado. Grazas á fábrica pola visita, moi instrutiva para os nosos alumnos e alumnas.
Á descuberta da arquitectura e a paisaxe: Visita a Guimarães (Portugal)
Os días 21 e 22 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á cidade portuguesa de Guimarães. A actividade está organizada co proxecto Terra e o noso centro leva xa varios anos realizando estas saídas ao país veciño. O completo programa inclúe actividades variadas: a visita á citania de Briteiros ou ao mosteiro de Souto San Salvador, o percorrido en teleférico ata o monte da Penha, a visita guiada á área de rehabilitación de Couros, a descuberta polo casco antigo de Guimarães e a visita ao castelo e pazo dos duques de Bragança. Dúas xornadas completas comendo e durmindo na pousada da xuventude desa localidade portuguesa. O alumnado foi acompañado polos profesores Jorge Calle, Carmen García-Rodeja e Isabel López Mariño
Échange Scolaire // Intercambio Escolar
VII º INTERCAMBIO ESCOLAR I.E.S.P. XOSÉ NEIRA VILAS DE OLEIROS-COLLÈGE NOTRE DAME LE MENIMUR DE VANNES.-
O intercambio escolar co Collège Notre Dame le Ménimur, é dende hai moitos anos parte da nosa vida como centro. Máis de 250 alumnos viviron esta experiencia, que usando as súas propias palabras “foi inesquecible”.
Co obxetivo de fomentar e profundizar no estudio da lingua francesa, 42 alumnos de 2º, 3º, 4º ESO e 1º de Bacharelato participan no VIIº ÉCHANGE SCOLAIRE que terá lugar entre os días 17 e 28 de marzo e estarán acompañdos polos profesores Dona Isabel López Mariño, Don Juan Santamaria e Don Carlos Vidal .
Durante a estadía en Vannes (Francia), o alumnado do Neira Vilas fará diversas actividades : visita á rexión da Bretaña francesa ( Carnac, Saint Malo, Mont Saint Michel, Quimper , etc.); tamén asistirán ás clases no Collège Notre Dame Le Menimur e este ano e como novidade ao incoporarse o alumnado BACHIBAC asistirán as clases no Lycée Notre Dame Le Menimur
O Intercambio rematará coa visita a París e o último día irán a Eurodisney.
O alumnado francés e o profesorado acompañante serán os nosos invitados no mes de maio.