O pasado 9/03/2017 acudiron ó noso centro os membros da Embaixada de Francia en España, Nicolas Kassianides, conselleiro cultural, director del Institut Français de España, Manuela Ferreira, agregada de Cooperación Educativa e Caroline Natalia agregada de cooperación para a lingua francesa.
O obxectivo foi felicitar polo éxito da implantación do BACHIBAC (Dobre titulación de Bacharelato en francés e español) no único centro de Galicia e polos excelentes resultados no exame DELF (diplomas oficiais de Francés como lingua estranxeira outorgados polo Ministerio francés de Educación Nacional e recoñecidos a nivel internacional)
Os membros da embaixada de Francia acompañados polo equipo directivo e pola Inspectora de Educación, Concepción Aramburu, a concelleira de Educación de Oleiros Iria Barreiro Antón e a asesora de Bachibac e do DELF SCOLAIRE en Galicia, Mª Jesús Lorenzano Lamelo, visitaron o Instituto Neira Vilas e acudiron a algunhas das clases de BACHIBAC do profesor Xosé Antón García da materia de de Historia onde quedaron sorpendidos polo nivel de coñecementos da materia e o seu nivel da lingua francesa. O profesor Carlos Vidal, catedrático de Francés do Instituto, destacou a importancia da dobre titulación xa que incorpora non só un novo curriculum senón unha diferente metodoloxía que completa a formación académica do alumnado.
O Sr. Kassianides rematou a visita desexando moita sorte ao alumnado nas probas de externas do BACHIBAC e destacou as facilidades que este alumnado ten para seguir os seus estudos en Francia por ser alumnado de pleno dereito no sistema educativo francés.