O sábado 16 de xuño tivo lugar a homenaxe a Nacho Taibo que organizou a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega co gallo da distinción como Escritor na súa terra- escritor letra E. O acto, realizado en Santa Cruz, incluíu unha primeira parte onde se plantou un carballo, árbore escollida polo autor, á vez que se descubría unha pedra conmemorativa na que se recollía un texto de Nacho Taibo. A continuación tivo lugar un acto máis oficial no castelo de Santa Cruz. O autor, para alén de repasar a súa vida e obra, dedicou unha parte do seu discurso ao seu paso polo IES Neira Vilas. Seguir lendo Nacho Taibo, Escritor na súa terra.
Arquivos da etiqueta: Nacho Taibo
Homenaxe a Nacho Taibo
Os días 24 e 25 de maio tiveron lugar as xornadas dedicadas a Nacho Taibo. O venres 25, despois das dúas mesas nas que se falou do seu labor docente, o homenaxeado xunto cos compañeiros e parte do alumnado acudiu á aula 23 para descubrir os vinilos conmemorativos que recollían parte da súa obra e biografía, con motivo da dedicatoria na súa honra da aula na que se imparten actualmente as clases de Lingua e Literatura Galega.
A noticia dos actos foi recollida polo xornal “La Opinión”. Seguir lendo Homenaxe a Nacho Taibo
Homenaxe a Nacho Taibo
Este ano a AELG decidiu escoller a Nacho Taibo, profesor que formou parte do claustro do IES Neira Vilas durante moitos anos, como “Escritor na súa terra – Letra E”, na súa vixésimo cuarta edición. O centro unirase ás homenaxes ao compañeiro coa organización dunhas xornadas dedicadas ao seu labor docente e creativo que terán lugar o xoves 24 e venres 25 de maio de acordo co seguinte programa: Seguir lendo Homenaxe a Nacho Taibo
Homenaxe á Nacho Taibo
A Asociación de Escritores en Lingua Galega escolleu a Nacho Taibo para que sexa o próximo Escritor na súa terra -Letra E. Para alén da homenaxe que a AELG lle rendirá en Oleiros no mes de xuño, o IES Neira Vilas organizará unhas xornadas na honra do compañeiro que exerceu como profesor de Lingua e Literatura Galega no centro durante máis de vinte anos. O 24 de maio dedicarase ao seu labor como creador de ficción a través dunha mesa literaria encabezada por Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, na que estará tamén o narrador Martínez Oca. A continuación o xornalista e narrador Xián Alcayde Dans entrevistarao en directo en presenza de parte do alumnado. O día 25 centrarase na súa faceta docente. Nesta última xornada haberá unha mesa na que Nacho Taibo estará acompañado por varios compañeiros seus e, deseguido, terá lugar un encontro co alumnado que leu a súa novela As boas familias.