Arquivos da etiqueta: San Clemente

ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE

O pasado mércores 20 de marzo os alumnos de segundo de Bacharelato Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez e Iris Lopetegui estiveron na entrega da XXIV edición do Premio Literario San Clemente Rosalía – Abanca aos escritores Marcos Calveiro, Pedro Mairal e Han kang.

O acto de entrega tivo lugar no Auditorio Abanca de Santiago. Posteriormente acudiron con todos os participantes a unha cea no Hostal dos Reis Católicos onde compartiron mesa cos escritores premiados. Acompañaron ao noso alumnado os profesores Ana Crego, do departamento de Lingua Galega, Julia Fernández, do departamento de Lingua Castelá, e Carlos Vidal, do departamento de Francés. Máis fotos abrindo o artigo. Seguir lendo ENTREGA DA XXIV EDICIÓN DO PREMIO LITERARIO SAN CLEMENTE

Estudantes de 2º de bacharelato forman parte do xurado do Premio Literario San Clemente

O pasado martes 30 de outubro Guillermo Huelin, Victoria Prado, Irene Rodríguez, Iris Lopetegui, Clara Bode e Lucía Hermida formaron parte do xurado do Premio San Clemente Rosalía-Abanca, xunto con outros estudantes de diferentes institutos tanto galegos coma doutros países. Seguir lendo Estudantes de 2º de bacharelato forman parte do xurado do Premio Literario San Clemente