Arquivo da categoría: Anpa

PRÉSTAMO DE LIBROS CURSO 2025-2026

Información relativa ao fondo de libros 2025-2026:

– Devolución dos manuais prestados no curso 2024/25:

A devolución dos manuais prestados levarase a cabo os seguintes días:

  • Venres 13 de xuño: alumn@s 4º ESO.
  • Martes 17 Xuño:  alum@s 1º, 2º, 3º ESO.

– Doazón de manuais: todas aquelas familias que desexen doar libros para o fondo, poderán entregalos no mesmo momento da devolución.

Aproveitamos para lembrarvos a importancia que ten este acto de solidaridade  e para agradecervos esta colaboración que fai que dende o ANPA podamos continuar con este labor.

Solicitude de libros para o curso 2025-2026: En canto teñamos a confirmación dos manuais do próximo curso, os faremos chegar a información xunto co documento de solicitude dos mesmos.

Lembrarvos que para poder ser beneficiarios do préstamo de libros é imprescindible a devolución de todos os manuais prestados e ademáis ser socios do ANPA .

Unha vez máis, agradecemos a vosa colaboración!
GRAZAS!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES ANPA: ENGLISH CLUB e LE CLUB FRANÇAIS CURSO 2025/26

ACTIVIDADES ANPA:  ENGLISH CLUB e LE CLUB FRANÇAIS 

A Anpa Arce do IESP Xosé Neira Vilas oferta para este curso2025/26 dúas actividades extraescolares de idiomas os xoves en horario de tarde de 16:15 a 17:45, que  comenzarán a primeira semana de outubro.

Temos unha novidade para o alumnado de 1º e 2º da ESO, clases de francés en LE CLUB FRANÇAIS.

As prazas son limitadas e a adxudicación será por orde de solicitude con preferencia para socios/as.

 

Xa podes solicitar a praza do próximo curso 2025/26!

INFORMACIÓN ENGLISH CLUB e LE CLUB FRANÇAIS

FORMULARIO DE INSCRIPCIÓN

OBRADOIROS DE TÉCNICAS DE ESTUDO

O martes 11 de febreiro comezaron a desenvolverse no noso centro os obradoiros de técnicas de estudo, dirixidos ao alumnado de 1º e 3º ESO e organizados e sufragados, como en cursos anteriores, pola ANPA Arce. As sesións, que se prolongarán ata mediados de marzo, son impartidas por Belén Pérez Sanmartín, especialista en técnicas de estudo e pedagoga en “Eleeméntal. Logopedia y Pedagogía”, situado en Perillo. O seu obxectivo é contribuír a dotar ao alumnado das ferramentas precisas para organizar o seu traballo, xestionar o tempo e desenvolver estratexias que permitan mellorar o seu estudo. Para iso, cada grupo traballará nos diversos contidos destes obradoiros durante catro sesións.

IMPORTANTE: CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA

Queridas familias, adxuntámosvos a convocatoria para unha asemblea que terá lugar o vindeiro Xoves 6 de Febreiro no instituto.

Entendemos que esta reunión e trascendente de cara ó futuro da nosa organización.

Nestes intres NON dispoñemos de persoas que queiran asumir os cargos obrigatorios por ley necesarios para a constitución da nova xunta.

Chegados a este punto de non retorno so queda apelar a vosa responsabilidade coma familias que formades parte da comunidade educativa (sexades socios da ANPA ou non), para que nesta asemblea aparezan os candidatos necesarios e poder facer a transición o antes posible.

De non aparecer a xente suficiente para formar novo equipo, a única posibilidade sería tristemente a disolución e desaparición da ANPA do Noso Intituto.

Deixamos a convocatoria da asemblea e ó mesmo tempo a decision nas vosas mans. Dado a importancia desta asemblea esperamos contar coa vosa participación.

Un saúdo

CONVOCATORIA ASEMBLEA EXTRAORDINARIA

SUBVENCIÓN CONCEDIDA POLO CONCELLO DE OLEIROS

O Concello de Oleiros en data 17/10/2024 mediante Resolución nº 2024005442 ao abeiro da “Convocatoria de subvencións a asociacións de nais e pais, entidades culturais, veciñais e sociais do Concello de Oleiros para a realización de actividades no ano 2024″   resolve conceder unha subvención de 5339,67 euros ao ANPA Arce IESP  Xosé Neira Vilas  para as actividades de: English Club, Taller defensa persoal, Obradoiro Educación Emocional, Taller
técnicas de estudio e Limpieza de praias.

Aviso importante sobre a Asemblea Xeral Ordinaria

 

Estimadas familias, queremos comunicar que na próxima asemblea do día 7 de novembro o actual equipo directivo do ANPA non presentará a súa candidatura para continuar nos seus cargos, polo que para que o ANPA poda continuar coas súas funcións, levando a cabo actividades como: a doazón de libros, técnicas de estudo, actividades extraescolares etc… é necesario que outros pais e nais tomen a substitución na xunta directiva. Dado a importancia desta asemblea esperamos contar coa vosa participación. Anexamos a convocatoria onde se fai constar este punto de forma explícita.

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA

Convócanse a todas as familias socias e invítanse a todas as familias non socias a unha asemblea xeral ordinaria da Asociación de nais e pais do IESP Xosé Neira Vilas.

    • Data: Xoves 7 de novembro de 2024
    • Hora:
        • 18:30 en 1ª convocatoria
        • 19:00 h en 2ª convocatoria
    • Lugar:  IESP Xosé Neira Vilas

CONVOCATORIA COMPLETA

ACTA ASAMBLEA 2023

MEMORIA DE XESTIÓN ANUAL 2023-2024

Reparto dos libros doados á ANPA

O  reparto dos libros de texto doados á ANPA  terá lugar o 11 de setembro, primeiro día de clase, en horario lectivo.

O alumnado recibirá, directamente na súa clase, o lote que lle fose asignado tras a súa solicitude.

Lembramos que as familias socias da ANPA teñen prioridade na distribución dos libros e no número deles asignados.

Desde a directiva do anpa queremos agradecer especialmente a colaboración das familias que doaron libros e fixéronse socias facendo posible que así o anpa poida continuar levando esta e outras iniciativas.

FONDO DE LIBROS CURSO 2024 – 2025

– Devolución: Necesitamos que aquelas familias que aínda non devolveron os manuais do curso 23-24 fágano na maior brevidade posible, lembrade que aqueles que non devolvan os libros non poderán participar no préstamo do curso que entra.

– Doazóns: Queremos, unha vez máis, salientar  a importancia das doazóns, fan falta en todos os cursos pero especialmente nos cursos de 2º e 4º da ESO (neste momento, por exemplo, non dispoñemos de ningún manual de matemáticas A para prestar), sen elas somos conscientes de que moitas peticións quedarán sen cubrir, cousa que vai en detrimento de todas as familias do centro. Animádevos a doar, aínda estamos a tempo!

– Recollida: Tanto as devolucións como as doazóns serán recollidas na conserxería do centro en horario de 9:00 a 13:00, rógase que se entreguen xunto coa folla destinada a ese fin debidamente cuberta.

– Reparto: Por todo o comentado anteriormente a entrega dos libros en préstamo para o curso 24-25 finalmente levarase cabo en setembro, necesitamos que todos os manuais sexan devoltos e esperamos que nestes días de matrícula máis familias anímense a colaborar coas súas doazóns.

– Solicitudes: Ao final de esta entrada tedes  as fichas de solicitude de libros en préstamo, que unha vez cuberta (datos do encabezado e o apartado “solicita”) será reenviada ao noso correo electrónico: anpaneiravilas@gmail.com,
ou depositada no buzón da ANPA no instituto.
– Alta socios:  Deixámosvos aquí a folla coas instrucións para que aquelas familias que o desexen déanse de alta como socios do ANPA. Isto non só dá preferencia no préstamo de libros senón que tamén é fundamental para poder seguir realizando actividades destinadas aos alumnos, alumnas e familias tales como: talleres de técnicas de estudo, xestión emocional, de defensa, actividades extraescolares etc.. Xuntos somos máis!   

– Na seguinte ligazón tedes o decálogo de funcionamento do fondo de libros: https://iesneiravilas.es/anpa-2/
Agradecemos de antemán a vosa colaboración, un saúdo.