O sábado 5 de maio celebrouse no parque de Santa Margarita a XXIII edición do “Día da Ciencia na rúa”, actividade organizada pola “Asociación de Amigos de la Casa de las Ciencias”.
Como ven sendo tradición nos últimos anos, o noso centro non faltou a esta importante cita ca ciencia cidadá. Neste edición participaron ó longo do día preto de cincuenta rapaces e rapazas realizando diferentes actividades científicas e explicándollas á xente que se acercaba.
Entre as actividades expostas polo noso alumnado podíamos atopar: O ladrón de xulios, anatomía con realidade aumentada, placas termoeléctricas, a fabricación de xabón, o funcionamento dos órganos do corpo, correntes de Foucault, pilas de froitas, flores de cores, libros inseparables, trucos de cartas, motor homopolar, a cicloide, a paisaxe celular, tren magnético e fluídos non Newtonianos entre outras.
Dende aquí queremos agradecer ó alumnado participante pola súa excelente e imprescindible labor, ós membros dos departamentos de Física e Química, Bioloxía e Xeoloxía, Debuxo e Tecnoloxía e ós membros do Grupo para a excelencia STEM pola súa dedicación na organización desta actividade. Un agradecemento especial merecen os nosos benqueridos “eméritos”, Antonio e Ramón, polo seu gran traballo e colaboración tanto neste día como ó longo de todo o curso.